Saltar para: Posts [1], Pesquisa e Arquivos [2]



ESPANHA: Maré de mulleres reclama a débeda dos gobernos ''con nós, non cos bancos''

Quinta-feira, 04.10.12

"O 4 de outubro presentarase unha campaña internacional da Marcha mundial que rematará o 8 de marzo. Dela farán parte até 12 países e pretende exixir que os dereitos das mulleres deixen de estar suxeitos aos intereses do capital e se coloquen no centro do debate social.

 

O argumento da crise semella soportalo todo, incluída a ofensiva patriarcal contra os dereitos conquistados polas mulleres após décadas de loita. Un exemplo sinxelo abonda para nos facer unha idea: a equidade de xénero importa tan pouco aos nosos gobernos, á dereita española, que o ministerio de Igualdade pasou a ser unha secretaría e finalmente quedou nunha directora xeral a media xornada porque compatibiliza a atención ás mulleres coa prestada a outros colectivos en situación de exclusión social. "


Ler notícia completa

Autoria e outros dados (tags, etc)

Outros temas:

publicado por: Mulheres em Marcha




Feedback